#aívenopraíña  #sempreJuan

Praiña Sporting Club 50 anos

50 Anos de Historia do Praíña en imaxes

Son xa 50 anos de historia do Praíña Sporting Club de Teo, dende os seus comezos como clube federado de fútbol en 1970. Dado que 2020 foi un ano marcado pola pandemia mundial provocada pola Covid-19, extendemos ao ano 2021 a celebración deste fito histórico e deportivo.

Cabe destacar que este clube, coa mesma denominación, xa xogara encontros contra equipos de parroquias próximas na década dos anos 20 do pasado século XX.

Comezou cun equipo de modestos que acabaron sendo grandes figuras en clubes como a S.D. Compostela e o Clube Deportivo Lugo. Moitos e moitas falan do goleador «Anguilita» Ino, ou do defensa zagueiro Berto Pernas «Mazzinger». 


O clube tamén foi pioneiro na organización dun conxunto feminino nos anos 1970, ainda que ata o século XXI non se federou como tal, e na actualidade conta cunha disciplina e equipo asentado e con alto rendemento deportivo. 

Na actualidade, o equipo incorporou unha nova área deportiva: o Praíña Basket, ampliando os servizos de cara as novas xeracións e facendo crecer a base con múltiples categorías: biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, modestos e tamén veteranos, ademáis do Praíña Féminas.