
🔴🔵⚪️ Polémica pola activación da competición autonómica por parte da RFGF sen consenso previo cos clubs.
A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) activou un plan de desescalada para a volta a competición en tres niveis, despois da aprobación da Secretaría Xeral de Deportes do Protocolo realizado pola Federación para a práctica deportiva o pasado 14 de Decembro,
Así no primeiro nivel estarían a Preferente, Primeira e as Ligas Galegas de Fútbol Base. Estas competicións quedarían activadas de inmediato e está previsto que o seu comezo se poida levar a cabo entre o 24 de xaneiro e a primeira semana de febreiro, sempre e cando o permita a situación sanitaria.
A polémica ven precedida por tratarse dunha decisión unilateral, sen previo consenso cos clubs que conforman a Federación, e que acarrearía a pérdida de categoría en caso de non proceder coa correspondente inscripción.
É por iso que os clubs atópanse nunha encrucillada. Por un lado ante a grave situación sanitaria e todas as medidas restrictivas que se están a impoñer, por outro, xogadores afecionados aos que habería que consultar cal é o seu pensamento, xa que é a súa saúde e a dos que rodea a que corre máis risco, e por último, a situación económica tan complexa para a búsqueda de patrocinios e renovacións de socios, que se vería agravada polo Protocolo que requeriría maior número de recursos (é necesario facer tests de antíxenos cada 14 días), facendo moi difícil a solvencia dos clubs.
A Xunta Directiva do Praíña SPC, procederá a reunirse nas vindeiras hora para adoptar unha postura e manifestala así públicamente.