🔴🔵⚪️ ACCIÓNS SOLIDARIAS PSC
O vindeiro Martes 29 de Decembro, terá lugar no Municipal Juan Amado un adestramento especial de Nadal coa intención de promover unha recollida de alimentos a prol do Banco de Alimentos do Concello de Teo.
O punto de recollida abrirase a calquera persoa ou institución do Concello que queira colaborar, entre as 16.30 e as 22.15h.
Por outro lado, traballarase en grupos por categorías e seguindo os protocolos de adestramento que estanse a levar a cabo dende a aparición do Covid 19: traballo analítico e con màscara, desinfeccións, distancias de seguridade…
A este adestramento terán acceso tod@s @s nen@s do club, así coma todos os participantes da Escola fundación Celta de Vigo que ten lugar todos os martes.
A única axuda que se pide é que @s participantes doen algún alimento non perecedeiro para que as familias neceditadas poidan desfrutalos nestas datas (1kg por xogador/a).
Os horarios serían os seguintes:
– 16.30h a 17.45h Biberón e Prebenxamin
-18.00h a 19.15 h Benxamín e Alevín
-19.30 h 20.45h Infantil e cadete
-21.00h a 22.15 Xuvenil e senior.
Tod@s @s participantes deberán estar federad@s.
Rógase a confirmación de asistencia a calquera dos membros da Coordinación do Club ou ben nos grupos de cada categoría destinados a comunicación das actividades.
Agardamos que vos agrade esta iniciativa , de seguro que @s participantes pasarano xenial.
A coordinación do Praíña S.C.
RECOLLIDA DE ALIMENTOS
Martes 29 de decembro
De 16.00 a 21.00hs
Municipal Juan Amado
Agradécese a contribución a favor do #bancodealimentosdeteo con produtos non perecedeiros