O Praíña Sp.C. celebrou o pasado xoves 16 de Decembro, en primeira e segunda convocatoria, a asamblea xeral onde se aprobaron todos os puntos expostos. Cabe destacar, a saúde deportiva, social e económica do club.
Na faceta deportiva, o club con máis de 180 licencias deportivas e con equipos en todas as categorías. Dende a entidade aproveitaron para agradecer a todo o corpo técnico, en especial a Alberto Fernández «Pika», coordinador e adestrador do primeiro equipo, o seu gran traballo despois dun ano tan complicado.
No eido social a entidade a entidade segue a contar co apoio da afección e das empresas da nosa contorna, quedando constatado na campaña de soci@s do ano da pandemia onde se venderon algo máis de 200 camisetas conmemorativas do 50 aniversario, e co feito de ter máis de 40 patrocinadores activos. No ámbito económico, a xestión levada a cabo pola directiva de forma rigurosa, permite ao Praíña presentar unhas contas totalmente saneadas.
En canto a potenciais melloras, dende a directiva apuntan a todos os contratempos ocasionados pola falla de horas nos campos municipais, o non dispoñer dun campo propio, que fan difícil ofrecer as mesmas condicións aos deportistas, que os outros equipos do Concello.
Por último, dende a directiva queren agradecer a confianza da masa social do clube (xogadores-as, nais/pais, soci@s, empresas, institucións…) con aproximadamente 600 persoas, que confían en nós un ano máis. Nos próximos días, compartirase con tod@s os soci@s a documentación exposta na asamblea. En caso de non recibila, o club anima a que contacten a través das redes sociais para solicitala.