#PSC PRAIÑA SPORTING CLUB
ORGANIGRAMA
DIRECTIVA
PRESIDENTE:
Marcos Pernas Coutinho
SECRETARIO:
Pedro Pernas Filloy
TESORUREIRO:
José Manuel Sobredo Sigueiro
VICEPRESIDENTE:
María Blanco Chao
VOGAIS:
Julián Pernas Filloy
Manuel Gradín Pernas
Juan Amado Barreiro
Pablo Dono Pérez
Jacinto Carrillo Martínez
David Gómez Vázquez
Christopher Leis Filloy
José Luis Leal Brey
DELEGADO
María Vázquez Rey
HISTORIA RECENTE
Corría Agosto do ano 2009 cando, oito xogadores do equipo de modestos asumiron os designios deste histórico clube, que naqueles intres coqueteaba ca desaparición. Era todo o patrimonio humano deportivo co que contaba o Praíña, sin fútbol base, e cunhas instalacións decrépitas que precisaban ser adecentadas. Comezou naquela data un proceso de reconstrucción do clube, a nivel deportivo, institucional e de infraestructuras.
En menos dun mes, conseguimos botar a andar o equipo de modestos, algo que non foi sinxelo e requeriu un enorme esforzo pola nosa banda, pero entendíamos que un clube con esa historia i esa tradición, do que saíron xogadores como os irmáns Pernas (Félix e Berto) ou o goleador Ino, figuras no Lugo e Compostela, Enrique Casanova que engrosou as listas do fabril, ou Toniño e Pedreira as filas do filial do Pontevedra C.F., e que serviu de fogar para moitos rapaces que desenrolaron no Praíña a súa formación futbolística e persoal, e que forma parte do patrimonio cultural e deportivo tanto de Reis como de Teo, debía continuar vivo e recibir un impulso que o convertise nun referente do noso pobo.