#aívenopraíña  #sempreJuan

🔴🔵⚪ COMUNICADO OFICIAL

Alberto Fernández “PIKA” deixa de ser o ADESTRADOR do Primeiro Equipo do Praíña SC.
 
Despois de tres anos e unha pandemia mediante, “PIKA” Alberto Fdez Pika deixa de ser o adestrador do primeiro equipo; vimos de dar remate a unha temporada 21-22 que recordamos coma unha das máis duras da nósa historia logo da vólta ó futbol despois da COVID-19.
 
Pika chegaba en xuño do 2019 como adestrador do equipo Sénior para traballar nun proxecto a medio-longo prazo que agor, tristemente, lle poñemos fin.
 
O resultado acadado esta temporada 21-22 non foi o agardado, nin para Pìka nin para o club, tendo como consecuencia o descenso de categoría. Por este motivo, ambas parter decidimos separar os nósos camiños cun gran pesar e buscar novas metas.
 
Queremos agradecer todo o que fixo por este club, disposto sempre a facer todo o que fora posible e moito máis, un tipo traballador, unha persoa que estivo sempre dispoñible para o que fixera falta, un compañeiro praiñista, un bo adestrador que non tivo sorte no final desta dura e difícil temporada.
 
Pika, un praiñista máis para sempre dentro de esta gran familia❤️💙🤍👏👋
 
Moita SORTE MISTER, os nosos millores desexos profesionais e persoais!!!
 
GRAZAS PIKA!!!!!
 
#SempreJuan #AíVénOPraíña #GrazasPika
Categorías: Novidades

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.