#aívenopraíña  #sempreJuan

PSC Praíña Sporting Club femenino feminino

Fin de semana con encontros moi disputados que ofrecen victorias e derrotas

PSC Feminino Estación de Servizo Pontevea 2 – 3 S.R. Calo


As nosas vencían na primeira metade con 2 goles a 0, con moito dominio por parte da escadra ribeirá de Pontevea. Tralo descanso, as visitantes armáronse de coraxe e estiveron nun asedio constante na área praiñista. Tras anotar un tanto, un máis que riguroso penalti a favor do S.R. Calo puña as táboas no marcador. Nos últimos lances de xogo, o Calo conseguiu unha victoria que sitúa 2-3 o marcador final. Unha amarga derrota para o conxunto praiñista que continúa a traballar na mellora.

Victoria do conxunto xuvenil que achega ao liderato

S.D. Cruces 2 – 4 PSC Vidrieras Compostela

Victoria do xuvenil por 2-4 en Cruces. Tras unha primeira metade na que tivemos varias ocasións, o Praíña veu como o Cruces en dous erros defensivos marcaba dous goles. Un gol de Samu Martins ao borde do descanso iniciaría a remontada do conxunto de Reis. Cos ánimos renovados, os xuvenis desplegaron un bo xogo e de aí viñeron os goles, 2 de Raúl e 1 de Sergio Vilariño. Gran victoria dos rapaces que rompen esa racha de resultados negativos e que nos anima pola loita da liga. Para a semana visita o Juan Amado a Escola de Vedra. Quedan 3 finais.

Mágoa da primeira parte... Derrota do conxunto cadete que soubo facer unha boa segunda metade

Os cadetes perden 2-5 contra o Calo

Nunha primeira parte na que os erros sumáronse ós nervios, os rapaces viron como o equipo visitante adiantábase no marcador tras regalo, pero puxeron deseguido o empate a 1 no marcador. Co equipo recuperado mentalmente, o segundo do Calo, de novo tras, non tivo unha resposta rápida e a seis minutos do descanso, o Calo fixo o terceiro tras un agasallo máis.
Na segunda parte, o equipo encontrou espacios pero non a definición e tras perdoar, o Calo fixo o cuarto. Nun ataque de orgullo, os rapaces conseguiron o 2-4 con cinco minutos para rematar o partido, tempo suficiente para que o Calo rematara o partido co quinto e definitivo gol co que se pecharía o encontro.

O PSC Residencia Pontevea non perde o sorriso e o bo humor a pesar da derrota

Partido con goles na Cañoteira entre Praiña e Sar.
Os alevíns perden por 4-6 onde chegamos a ir perdendo 5-0 na primeira metade. Malia iso os rapaces fixeran xa unha boa primeira metade pero na segunda metade o equipo mellorou ainda mais.
Anxo, Xaime e Álvaro por partida doble fixeron os goles do Praiña.

Derrota amarga do PSC A Senra Café Bar

Dura derrota do equipo prebenxamín na Estrada ante un equipo que foi moi superior. Non foi o día. Aínda así, a pesar do resultado, non lle perdemos a cara ao partido en ningún momento. Toca seguir traballando para voltar á senda da victoria.

Categorías: Novidades