#aívenopraíña  #sempreJuan

O líder PSC Vidrieras Compostela cae por primeira vez na liga ante o Escola Estrada

Derrota do Xuvenil ante a Escola da Estrada no campo de Callobre. Partido bastante disputado na primeira metade onde un gol antes do descanso da Escola pondría en ventaxa ao conxunto local. Os xuvenís tiñan que remontar e intentaron buscar o gol do empate pero non terminaba de chegar. A mediados da segunda metade, a Escola marcaba o 2-0 cun bo disparo dende fóra da área. O Praíña intentou recortar distancias pero non saía nada. Partido para olvidar e que nos servirá para ter os pés na terra. Para a semana descansamos, onde traballaremos nos adestramentos para mellorar e corrixir erros para o seguinte partido.

Derrota do PSC Residencia Puentevea cun gol benxamín

Derrota do alevín que xogou o seu mellor encontro da temporada en Rois. Bo traballo dos nenos que seguen mellorando semana a semana. Un traballo que se veu recompensado cun gol de cabeza de Hugo Raposo. O xogador aínda benxamín marcaba o seu primeiro gol na categoría alevín. Toca seguir nesta boa liña con ganas e ilusión.

O PSC A Senra Café resulta superado por un rival moi superior

Derrota dos prebenxamíns en Lalín fronte a un equipo que foi superior. Bo partido dos nosos rapaces que tiveron bastantes ocasións para conseguir marcar míis goles, mandando 3 balóns ao pao. Toca seguir traballando para volver a senda da victoria.

Avultada e inmerecido resultado do equipo cadete fronte o S.D. Cacheiras

Derrota por 7-2 dos cadetes ante os rapaces do Cacheiras.
Durante uns 20 primeiros minutos de intensa lucha e bo xogo dos rapaces, o Praíña adiantouse a través dunha boa combinación de banda hacia dentro, caneando o porteiro e colocando o 0-1 no marcador. O resultado aguantou durante dez minutos, tralos que o Cacheiras encontrou un oco para empatar o partido e, deseguido, poñer o 2-1. Malia a remontada, os rapaces non perderon a súa misión e conseguiron o empate aos dous minutos, pero o empurre do Praiña levou a colocar o 2-3 antes do descanso.
Durante a segunda parte, os rapaces do Cacheiras fixeron do físico a súa principal arma e colocaron o 2-4, levando o partido para o seu terreo e conseguindo os tres seguintes goles ao irse o Praiña para arriba.

Categorías: Novidades