Partido matutino baixo a calor intensa no Municipal de Milladoiro con marcador favorable ó equipo de superior categoría. Adiantáronse os locais tras un saque de esquina, que se logrou empatar despois dunha xogada combinativa moi boa que rematou con un golazo dende 40 metros, batendo ó porteiro da casa.
Os primeiros minutos do encontro foron unha proposta de xogo combinativo por parte do Praíña, que por momentos reflectiu o mellor xogo do equipo no que se leva de tempada. O equipo local, con un xogo completamente directo e sen medio campo, propuxo un despliegue de físico provocando saques de esquina e utilizando estes para seguir adiantarse de novo no marcador, en total, 8 goles de saques de esquina. O equipo vermello conseguiu anotar outro gol na súa liña asociativa. O Praíña puxo o xogo e o Milladoiro o físico, saldando o amistoso cun 11-2.