Nun primeiro tempo onde os erros defensivos propiciaron varias ocasións, o Praíña adiantouse grazas a unha xogada embarullada na área do Lalín, dando o primeiro gol en propia meta. Cuns minutos onde a pelota era para os rapaces do Praíña, o Lalín empatou nun saque de esquina que acabou sendo o segundo en propia porta do partido. A partires de ahí, o balón en longo deulles aos rapaces do Lalín corners nos que souberon atopar o hoco para poñer o 1-3.
Tralo descanso, as líneas altas e o ímpetu do medio campo nos rapaces do Praiña provocou varios erros no Lalín, poñéndose a un gol de distancia dos locais e tendo a oportunidade de empatar cun penalti que acabou rebotando no pao dereito. A partires dese momento, as liñas altas soubéronas coller os rapaces de Lalín, propiciando o 4-2 e, cunha falta lixeiramente afastada, colocar o 5-2 co que acabaría o partido dos cadetes do Praiña.