Primeiro partido de liga para o Xuvenil do Praiña SP. C ante o Cruces desputado no Municipal Juan Amado de Reis.
O partido comezou cos dous equipos respetándose e testando como era o rival, inicio con moitas disputas aéreas e sen ningún claro dominador donde se produciron algunhas ocasions para ambos equipos.
A partir do minuto 20 ‘ o Praiña comezou a desenrolar o seu xogo e fixose coa posesión e co dominio do partido.
Surxiron varias ocasións chegadas pola banda dereita mediante boas triangulacións con centro de Noé, centros a área por parte de Carballal coas súas boas incorporacións chegando dende o lateral e xerando superioridade en banda. Tamén algún remate a porta con algún saque de esquina e xogadas individuais de Sergio Vilariño.
Non foi ata o minuto 44′ que chegaría a gran ocasión para o Praiña. Internada de Sergio Vilariño na área onde foi zancadilleado por un xogador do Cruces cando iba a rematar. Penalti para o Praiña que Raúl se encargaría de marcar e facer o 1-0 para os locais.
A volta do descanso o Praiña seguiu desenvolvendo o seu xogo pese a que por momentos o Cruces decideu cambiar de esquema e realizar unha presión mais alta onde o Praiña logrou salir combinando dende atrás e avanzar liñas. Chegaron os primeiros cambios onde se buscou xerar mais profundidade por banda coa entrada de Pedro e Lois. Volveron as ocasións e o Xuvenil dispuxo de outro penalti.
Montes lanzaría o penalti que foi repelido polo longueiro, rechace para Rubén que envía ao pau e rechace que volve a rematar o Praíña que e sacado pola defensa do Cruces na liña de gol. Triple ocasión para o Xuvenil que non vía porta e resistiase o 2-0.
Entraba Álvaro ao partido co obxetivo de gañar as disputas e os segundos balons ao mesmo tempo que osixenar o xogo. O Xuvenil seguiu dominando e o Cruces so xeraba algún peligro con algún balón en largo que foi ben repelido pola boa actuación da defensa do Praiña e dun moi seguro Anxo en portería.
Final do partido 3 puntos para o Xuvenil nun partido moi traballado ante un rival directo por meterse na fase de ascenso que lle dará mais ánimo ao equipo.