Empate a uns no electrónico do Hospitalillo no inicio liguero da Primeira Galicia por parte do Praiña SC.
Saía mellor o cuadro local que no minuto 14 se poñía por diante tras quedar o dianteiro local Juasn C Vázquez 1 para meter gol no man a man co noso porteiro Vicente ó que batía por baixo.
Parecía que entraba frío o equipo no partido na tarde xolleira de onte xa que ata o minuto 25 non foi quen de comezar a dominar o encontro e a ter a posesiòn do balón.
Así pois, antes de chegar ó descanso , incorporación de CHARLES pola banda e batía por baixo o meta Lamela.
Eran os melhores momentos para o cuadro de Teo pero non se conseguía marcar e asi se chegaba o descanso
O segundo tempo era combativo aínda que levaba mais peso no xogo o Praiña, non era quen de chegar a rondar na meta local.
Eran os últimos minutos os mais intensos e comezaban a fallar as forzas. Aí si que o cuando de Reis apretou e parecia que chegaria o ansiado gol, ata un minuto antes dos 90 metía un balón raso Charles que pasaba por a área pequena sin que ningún xogador lograra rematar, nunha das ocasións máis claras ó noso favor.
Partido desputado e igualado no Hospitalillo
Ver ACTA DO PARTIDO SENIOR aquí
Crónica Xuvenil: SÁBADO 09 DE OUTUBRO
Segundo partido de preparación do equipo Xuvenil nesta nova tempada. Tras un duro comezo de pretempada os rapaces acudían a Silleda coa idea de mellorar o seu xogo con respecto ao primeiro partido.
Primeros minutos no campo do Outeiriño sen un claro dominador onde ambos equipos dispoñerían de ocasións para abrir a lata.
Foi cara o minuto 30 cando o Silleda, tras unha volea marcaría o 1-0.
O Xuvenil non se veu abaixo e sigueu intentandoo, pero non logrou rematar en gol as suas ocasións.
Tras o descanso houbo carrusel de cambios no Praiña onde varios cadetes facian o seu debut en categoría xuvenil. Pasarían os minutos e o Silleda faría o 2-0.
Seguiría intentando o Praiña o gol e foi Samu Varela que marcaría o 2-1 no remate dun saque de esquina. Minutos mais tarde Samu Varela faría o definitivo 2-2 rematando un bo centro tras unha falta lateral.
Final do partido, o xuvenil volve con sensacións positivas en canto a resultado e coa satisfacción de ver como as cousas que se practicaron durante a semana foron saindo.