#aívenopraíña  #sempreJuan

Terceiro partido de liga para o Praiña onde o conxunto de Reis se fixo cos 3 puntos na sua visita a Taragoña

Comezaba o partido moi de cara,no minuto 2, tras un centro lateral o praiña faría o 0-1 con un gol en propia meta do Taragoña.

Despois duns minutos onde o conxunto local empezaba a dispoñer de ocasións, Sebas marcaría o 0-2 tras un bo remate. Antes do descanso Ferreiro facía o 0-3 con un bo disparo dende fora da área.

Tras o descanso o Praiña facía os primeiros cambios dándolle entrada a xente do banquillo.

No minuto 63 Sebas poñía o 0-4. No minuto 80 Fer Conde marca o 0-5 tras finalizar nun man a man ante o porteiro. O Taragoña marcaría o 1-5 definitivo de penalti.

Boas sensacións do Praiña que logra a súa primeira victoria da tempada e segue co seu invicto na 1º rexional.

 

Derrota axustada na primera xornada da Liga Feminina

Derrota axustada no primeiro partido de liga do equipo feminino do Praíña, contra un Cacheiras estructurado e con bo trato de balón.

Primeiros minutos de disputa sen dominador claro na Cañoteira no que as vermellas estiveron a piques de meter o primeiro, pero unha falta á última xogadora das visitantes, saldada con tarxeta amarela, impediu o avance a portería, evitando un man a man coa porteira locataria.

Próximo ó descanso, tras unha falta lateral lanzada polo Cacheiras, un rexeite da defensa é aproveitado para golpear a portería e batir á porteira praiñísta por baixo.

Xa na segunda parte, unha falta directa lanzada a portería por Vanesa case dende o medio campo, puxo as táboas no marcador.

Minutos despois, un gol con polémica por posible fora de xogo, pon o 2-1 definitivo para as locais.

Equipo que con intención e mellora constante, despois da imaxe sólida do primeiro partido, afronta a semana con tres días de adestramento pensando xa no próximo encontro.

Categorías: Novidades