Liga Feminina: Derrota pola mínima do equipo feminino no campo de Xaviña
Partido emocionante ata o último segundo contra un Cerqueda combinativo e con un fútbol bonito e agradable de ver.
Dominio alternante de ambos equipos, sen conseguir longas posesións de balón por parte de ningún dos dous e no que tanto Cerqueda como Praíña, gozaron de moitas ocasións.
Adiantaríase o equipo local con un tiro á base da portería que viría precedido dun golpeo a portería defectuoso.
Uns par de xogadas máis tarde, Fátima vería á porteira rival adiantada e golpearía desde case do medio campo o balón ó fondo das redes; poñía o empate a uns o Praíña.
As locais terían unha ocasión de gol tras un penalti por man, pero que fallaría enviando por riba do longueiro a xogadora costeira.
Uns minutos despois, unha xogada embarullada e con varios rebotes acaba con un remate desde o segundo pau que poñería o definitivo 2-1.
Na misma liña de ocasións e dominio alternativo foi a segunda parte, que pese ós trocos de xogadoras, non vería cambiar o marcador.
O Praíña rematou o partido en campo contrario e con varias ocasións pero que non se conseguiron materializar.
Agradecer ó Cerqueda a súa hospitalidade e felicitar polo seu proxecto deportivo.
O Praíña afronta a semana con dous adestramentos e fin de semana de descanso.