O equipo FEMININO viaxaba a Santa Comba na tarde do pasado sábado, ó Campo da Fontenla.
Sabíamos que ía ser un partido moi duro, moi físico, como así resultaría á postre.
No comeza do partido, un erro defensivo provocado por un balón cedido atrás deixaba sóa á dianteira Yolanda que sube ó marcador o 1-0 no minuto 5 de bonita vaselina á que non pode chegar a nósa meta Laura.
O Praíña a ustou liñas para tentar ter máis presenza ofensiva pero non fomos quen de meternos no partido. O Xallas, con moito poderío físico, dominou o partido case na súa totalidade. Así o corroboraría o 2-0 transformado por Michelle no 29’.
Aínda así, e tralo descanso, buscamos meter dous reforzos para ter máis empuxe en ataque pero costounos facer transicións pero, a pesar de loitar ata o final, non conseguimos facer un bo partido.
O domingo que vén agarda unho nova e bonita proba nun derbi conyta o Calo SR, un clásico dos últimos anos do fútbol feminino de Teo. Será ás 18 h no Juan Amado de Reis.