Derradeiro partido para o cuadro femenino xa que a vindeira semana , última xornada, nos toca descansar
Comezaba moi metido no partido o equipo de Reis , xa que quería ir polo partido dende o inicio do mesmo.
Pese a estar ben antes do minuto 10 unha chegada por banda dereita e que Laura para nun primeiro momento , o rechace caelle a xogadora visitante de novo que pon o equipo do Cerqueda por diante 0-1.
A partir de aí , o gol espertou ó Praíña que tras un córner botado por Fátima , Vane remataba de cabeza cruzado logo dun gran testarazo.
Chegaba o segundo tanto praiñeiro tras un penalti que Fátima marcaba antes da media hora. Eran os mellores momentos do Praíña que tras outro saque de córner , María taménremataba ó fondo das mallas nunha xogada bastante parecida o primeiro gol das de Teo.
Tempo de lécer e á volta de vestiarios o Praiña non concedía espazos e seguia defendendo ben o resultado. Nunha chegada do equipo de Mapica de Bergantiños, a dianteira visitante tras un gran control orientado batía dun zurdazo á meta local Laura, 3 a 2 no marcador.
Apreteba o Cerqueda, cuarto clasificado na táboa, por medio de faltas e balón parado pero o Praiña Soupo sufrir e aguantar o marcador que remata ca victoria local.
O equipo seguirá os adestramentos pese o descanso na última xornada e preparará a Copa Consolidación que se xogará unha vez rematada a liga.