Liga Feminina: Derrota do Praíña por 3 goles a 1 no Municipal de Rebordelo
Partido da oitava xornada da segunda división feminina que enfrontaba ó Calo contra o Praíña.
Despois duns primeiros minutos de tanteo, un balón en longo que consegue alcanzar unha xogadora local, tras regatear e rematar a portería, serve para poñer o 1-0.
Apenas 8 minutos máis tarde, unha boa xogada por banda acaba con un gol de Ana que cruza ó pau contrario ó que a porteira non pode facer nada.
Uns minutos máis tarde, chegaría o segundo das locais tras un saque de esquina que rematan de cabeza ó fondo da rede.
Nada máis comezar a segunda parte, un balón en longo volve ser alcanzado por unha xogadora local que orienta e golpea para poñer o 3-1.
Ben entrada a segunda parte, un penalti a favor das visitantes é transformado por Ana, que pega no longueiro, bota dentro e sae, pero que o árbitro non concede como gol e, polo tanto, non sube ó marcador.
A sensación é que o Praíña xogou con mais corazón que cabeza e que a sorte esta vez non lle favoreceu.
Agradecee á afición que estivo animando ó equipo todo o partido, un detalle de club grande, realmente impresionante.
Afrontamos a semana adestrando tres días e xa pensando no Victoria.