#aívenopraíña  #sempreJuan

Liga Feminina: Partido matutino no Municipal de Rebordelo ante Xallas FC

Partido matutino no Municipal de Rebordelo que enfrontaba ó Praíña Sporting Club e ó Xallas F.C.

Ambos conxuntos loitaban pola sexta praza da clasificación, vindo de vencer os encontros anteriores respectivamente; un moi bo comezo do Xallas que con unha maniobra elaborada por banda, provocaban un penalti que fallarían enviando o balón por riba do longueiro.

Uns minutos despois, na primeira que tiveron as brancas, Ana fixo o 1-0 con un gol de volea que bateu de forma cruzada á porteira de Santa Comba.

Co Praíña defendendo ben pero concedendo moitas ocasións, chegaría o 2-0 tras un saque de esquina que se embarulla na área e Estefanía remata ó fondo da portería.

Xa na segunda parte, as visitantes seguiron creando perigo, golpearon o pau en repetidas ocasións e a cancerbeira local fixo varias paradas de moito mérito; no minuto 89, unha falta preto da área puxo o 2-1 con un gol á escadra que non dou opción a atallar.

Con algo de sorte e contra un Xallas que mereceu máis, 3 puntos que suman para seguir na loita e xa pensando no seguinte partido, un derbi contra o Calo que supón pelexa directa pola clasificación.

Categorías: Novidades