Partido de altos e baixos onde por momentos variaba o dominador do partido.
Primeira parte onde foi mellor, o conxunto Praiñista que logrou ir con vantaxe ó descanso por 1-0 con gol de Samu Martins.
Ao descanso houbo que cambiar o plan de partido, xa que Anxo, o porteiro, tivo que ser sustituido tras levar unha patada na cabeza na primeira metade, que non foi correctamente sancionada polo árbitro. Troco na portería: sae Anxo e ocupa o seu lugar Sergio Vilariño que estaba a xogar de dianteiro. Isto provocou que a presión do equipo local baixara e permiteu ao S.D. Cacheiras avanzar liñas. Mala segunda metade do equipo xuvenil que viu como lle empataban tras un intento de centro que alcanzou portería e se converteu no definitivo empate a 1-1.
Resultado amargo para o xuvenil pero que visto como foi de dura a semana, as baixas e o transcurso do partido, pódese dar por bo este punto. Punto que permite seguir líderes con 7 puntos, para a semana, visita A Estrada co obxectivo de gañar e rematar líderes a primeira volta.