Cunha previa na que se lle deu unha ovación aos campións da liga, o Praiña saíu ao campo con boas intencións pero con pouca precisión. Con boa fluidez de balón pero con erros nas marcas, o Bertamiráns aproveitou un balón dividido, no que o seu xogador rematou dende a súa casa, para facer o primeiro do partido. Deseguido, unha man xusto debaixo da portería deulles aos rapaces do Bertamiráns a oportunidade do segundo e non a desaproveitaron. A poucos minutos para o descanso, o Bertamiráns fixo o terceiro aproveitando un erro de decisión entre central e porteiro e tras unha pérdida de balón a poucos metros do medio campo, conseguiu o definitivo 4-0.
Entrada a segunda parte, os locais puideron aproveitar para ampliar o marcador, o igual que os visitantes tiveron as súas chegadas ao contrataque para maquillar o resultado, pero tanto uns como outros adoleceron de mordente precisa para facer variar o marcador.