#aívenopraíña  #sempreJuan

Derrota pola mínima do C.D. Estradense no derbi da ribeira do Ulla.

Último encontro preparatorio do mes de agosto contra un rival de categoría superior como son os veciños do C.D. Estradense, quen viñan de disputar un encontro amigable, o día anterior. A pesar do cansanzo acumulado, demostraron unha calidade extraordinaria. O conxunto visitante anotou o único tanto do encontro cun centro dende o lateral. O PSC demostrou valentía e dispuxo de ocasións manifestas para poder igualar a contenda, pero non foi posible.

O Praíña Sp. Club demostrou neste encontro mellora defensiva, maior concentración e tivemos ocasión de que todos os xogadores disputaran minutos no terreo de xogo. A súa vez, dous xogadores do equipo xuvenil saltaron ao céspede do Juan Amado.

Categorías: Novidades