#aívenopraíña  #sempreJuan

Encaraba o PRAÍÑA o derradeiro choque da primeira volta perante a un dos favoritos da competición como é o Flavia SD de Padrón.

Sería moi pronto cando chegaría o primeiro gol dos visitantes, xa que no minuto 10 Damián Otero, logo de recibir o esférico en profundidade, era capaz de bater por baixo de tiro cruzado ó meta local Vicente.

A primeira parte non deixaría ocasións claras por parte dos dous equipos.

Saía o Praíña ó segundo tempo querendo enchufarse no partido para acadar o empate e ós 7′ da reanudación encaixaba o 0 a 2 nun córner botado polo Flavia onde o dorsal 10, Jorge Rama, botaba o balón ó fondo das mallas.

Os locais mudaban sistema táctico para tentar de chegar con máis xente na parte ofensiva e achegarse maís no marcador e recibía o duro castigo do 0 a 3 no minuto 64´ convertido por Triñanes.

Con este tanto, os locais sacaran forzas onde antes parecía non telas e revolucionaron os últimos 20 minutos onde foron quen de ter achegamentos maís claros á meta rival e a posesión do balón en campo contrario trnzando xogadas rápidas intentando sorprender ós defensas padroneses.

Así pois, no minuto 68´ Jacobo saca un forte disparo dende a fóra da área que se convertía na ocasión máis claro que tiñan os de Teo ate o momento; mintos despois, no 72´ , Jacobo escapábase pola banda esquereda e poñia un bonito centro que era rematado cun testarazo inapelable e ben colocado que convertía o único tanto para os de Reis. GOL de SEBAS.

A  partires de ahi, e con 20 minutos por diante, o  Praiña chegaba arriba  con mais corazón que cabeza pero o resultado xa non trocaría.

Agora, o PRAÍÑA  terá que tratar de recuperar os xogadores lesionados e tratar de comezar a segunda volta na casa melhorando o resultado da ida que fora de empate a un goles no Hospitalillo de Agolada.

Categorías: Novidades