#aívenopraíña  #sempreJuan

O PRAÍÑA SAE DURAMENTE DERROTADO DE CABANETÁN NA PRIMEIRA XORNADA


O equipo de Teo afrontaba o partiudo con moita ilusión, sabedores da intensidade que ía impoñer o rival e de que o Lesende ía saír ás contras e pecharse ben atrás; así pois, e tras ter dúas ocasións claras para adiantarse no marcador, os praiñistas recibirían un fermoso gol no minuto 35 de xogo por medio do xogador local Manuel Hermo.

O Praíña gozaría doutra ocasión moi clara nas botas de JAVI antes do tempo de lecer que chutaba o balón a cruceta da porta de Vemacio e marchaba fóra.
praina campo lesende

A partir de aqúí comeza a segunda parte e un erro defensivo acaba co segundo tanto en contra dos nósos intereses. César, o ariete local, faise cun balón dividido e encara ó noso meta Luis ó que bate a un lado, minuto 61, 2-0.

Intentamos atacar máis por banda e meter máis xente arriba pero non fomos quen de crear ocasíñons claras e recurtar a distancia no marcador, marcador que se movería unha vez máis para os locais, 3-0 no minuto 90. Eloy, cuos de Reis volcados na área local.
Dura derrota, moitas cousas que corrixir e traballo por diante para un Práíñ aque recibirá á SD Carcacía o vindeiro domingo 18 a partir das 6 da tarde nun derbi que non se repite dende o ano 2018.
TOD@ Ó JUAN AMADO, “ÁGÁRDOCHE NO TERREIRO COMPAÑEIRIÑ@ FIEL”
Categorías: Novidades