#aívenopraíña  #sempreJuan

Chegaba un rival a Reis na matinal do domingo duro de roer e contra o que había que pelexar duro para sacar cousas positivas.

Coñecedores da preparación  física do rival, saía o Praíña moi concentrado mantendo a presión alta do rival e facéndose coa desputa dos duelos individuais nos primeiros minutos de xogo dominando estas tarefas do xogo.


Pouco a pouco íase facendo forte o Soneira e tendo maior protagonismo en campo contrario. Así pois, obtiña o froito no minuto 39’ , (0-1), gol de DIEGO LOIS, un dos xogadores máis destacados do encontro polo equipo de Vimianzo.


Tempo de lecer.

Comezaba a segunda parte e mantivemos o mesmo obxetivo do inicio, ser fortes nas disputas individuais e ir todos xuntos á presión modificando a estructura na medular e intentando  profundizar moito máis por bandas tentando ter opcións a máis chegadas claras.


A primeira delas, cun balón pola banda esquerda de Ferreiro que é quen de chegar á área e dar o pase atrás para que Jacobo dispare e un defensa intercepte o coiro.


A segunda xogada con perigo xa correría con millor sorte. JOAO  colle un balón na área grande, escorado, logo dunha bonita xogada combinativa, e regatea unha, dúas e ata tres veces mentres cunha tímida vaselina coaba o coiro na meta de J. Souto, minuto 69’ (1-1).


Vinte minutos por diante e os locais viñéronse arriba tras o gol en busca dunha victoria que lles podia traer aire fresco e de tranquilidade.

O Praíña tivo a súa oportunidade de vencer tras un testarazo de SEBAS que repele o longueiro tras un saque de curruncho.


En líneas xerais o equipo estivo ben, supo repoñerse ó gol e econtra e xerou ocasións de gol para merecer máis…, ben é certo que en fronte estaba o Soneira, un equipo con moita solidez defensiva e que atesoura grandes xogadores que che-la poden liar en calquera momento.


Domingo imos a Rianxo, visitamos o Campo da Lamba, campo dun rival directo pola permanencia. O partido será ás 17 horas.

#AíVénOPraíña

Categorías: Novidades