#aívenopraíña  #sempreJuan

Tarde soleada en Reis que enfrontaba o equipo de Teo co sempre impoñente, club histórico, CD Lalin.

O partido itería a mesma historia e o mesmo desenlave co da primeira volta no Cortizo.

Apretaba e chegaba ben o Praiña, facendo un bo xogo combinativo, con transicións rápidas, e conseguía o gol, ⚽️ FERREIRO l18’) logo dun centro dende a dereita, recolle o balón JOAO, cede a FERREIRO na frontal, este recolle, recurta e cun tiro certeiro e colocado, cruzaba o balón axustado ó pau (1-0).

Seguía dominando o equipo de Pika e o Lalin non era quen de meterse no partido pero o resultado seguía apretado.
Así se chegou o descanso.

Segunda parte moi diferente o visto na primeira.

Agora quen chegaba á porta do meta Luis eran os dezanos e conseguían revertir o marcador tras as duas primeiras xogades; a primeira tras un centro lateral que rematan de cabeza no segundo pau MARTÍN (1–1, minuto 51) e a outra tras convertir un claro penalti señalado polo árbitro. Gol do ariete Borja des minutos despois do empate (1-2, minuto 61).

Mediado o segundo tempo chegaba o terceiro e definitivo tanto tras un gran tiro dende fora da área que Luis non podía chegar. Gol de Manu mo minuto 86’ (1-3.

O Praiña trataba de xuntar xente en ataque pero o Lalin non pasaba excesivos apuros. FINAL e terceira derrota na casa, todas por 1 a 3 goles.

O vindeiro domingo visitaremos os nosos veciños de Padrón, iremos ó Campo do Souto para enfrontarnos á SD Flavia.

Categorías: Novidades