#aívenopraíña  #sempreJuan

Último partido da Primeira Fase disputado no Campo do Souto este pasado domingo no que non fomos quen de puntuar.

O partido era importante para os dous equipos; o Flavia en busca de consolidar un posto na Fase de Ascendo, o Praíña buscaba puntuar para manter a séptima posición na táboa, posición que perdería tras victoria de Agolada fronte ó Cordeiro.
Comezaba o partido. O campo estaba moi enlamado por mor das choivas e o estado físico dos dous equipos ía ter moita importancia no desenrolo final do partido.
O Praiña saía cunha defensa de cinco homes para intentar non conceder espazos ás costas da defensa coñecedores do potencial do Flavia nesta parcela do campo de xogo.
O equipo de Pika non pasou demasiados apuros, sobre todo na primeira parte, salvo algún balón aéreo puntal que inquedou á meta defendida por Luis.
Adiantábase o Flavia cun deses goles chamados psicolóxicos por chegar xusto antes do tempo de lecer, convertiría Triñanas no 44’ (1-0).
Este gol traía consigo a polemica. Os praiñeiros protestaban un claro fóra de xogo, ao  seu entender, tras un balón profundo á dereita que tras centro á área pequena o xogafor padronés remata e tamén ó noso entender, facéndolle faltanó meta Luis.

Descanso.

Tocaba remontar, lección aprendida das verbas de Pika en vestiarios e resultado óprimo para os nósos intereses xa que conseguíamos empatar nun feudo onde o Flavia encaixa moi poucos goles, 1-1 gol de PICHY no 47’ tras centro dende a esquerda e testarazo ás mallas de Cristian.
Con este gol Pika mudou o sistema, pasou a xogar cun 4-4-2 e meteu a xente de refresco  para tentar máis presencia por fóra con velocidade e xerar máis chegadas e buscar o remate dos nósos dous dianteiros.
Ó Flavia o empate non lle valía e tamen apretaba moito e presionaba para levar o xogo ó noso campo. A falta de 10 minutos, tras un saque de curruncho, De Sousa convertía no 83’ o 2-1.
O balón aéreo foi unha tónica constante no xogo por mor das condicións do Souto na tarde do pasado domingo.
Ambientazo na grada, máximo respeto no terreo de xogo e na bancada onde se puido vivir un intenso e fermoso partido de poder a poder onde  saímos derrotados.
Agora sí, esta semana cambia o conto, comeza a hora da verdade, comeza a Fase da Permanencia onde temos que dar un paso adiante  e sacar bos resultados se queremos seguir na Primeira Galicia de cara á nova temporada.
Nesta fase acompañaránnos o Soneira, o Cordeiro, o Belvís e o Taragoña. HAI QUE ROÉLO¡¡¡
DOMINGO 20 de Marzo ás 12.00 h no Juan Amado, PRAÍÑA- Soneira, NON PODES FALTAR¡¡¡
Categorías: Novidades