Tarde xoeira en Rianxo e bo ambiente no graderío da Lomba nun partido que rematou a ceros.
Reparto de puntos bastante xusto posto que nin a escadra de Pájaro e nin a escadra de Pika foron quen de xerar ocasións super claras en todo o encontro.
Na primeira metáde o Praíña tivo maior posesión do balón tentando percutir en campo rival con xogadas combinativas e balóns profundos pero atopouse a un rival moi repregado que se defendía ben e tentaba saír á contra.
Os de Reis foron quén de ter varios achegamentos a balón parado pero sen crear moito perigo.
Na segunda metáde o partido mudou un pouco, xa non había tanto control no medio campo por ambos equipos e tratábase de abrir máis ás bandas para xerar ocasións dende fóra. Aínda así, ambos equipos non foron quen de ter ocasións de gol claras.
Moito respeto entre as dúas escadras dado o momento da competición e o que se está a xogar. Repsrto de puntos xusto.
A próxima xornada descansaremos; o vindeiro domingo 10 de abril visitará o Juan Amado o Cordeiro CF de Valga.