#aívenopraíña  #sempreJuan

Partido en tarde soleada pero con vento onte no Juan Amado que enfrontaba o equipo local contra o Cordeiro, a priori o rival máis complexo do grupo de permanencia


Entraba o Priaña no encontro sendo o Cordeiro o dominador e tratando de chegar as inmediacións de Luís con chegadas profundas e rápidas polo estilo dos seus xogadores
Rondaba a portería o equipo de Valga.

Co paso dos minutos o Praiña iba mellorando o seu xogo e chegando o minuto 30 unha carreira de João co defensa lateral de Valga sorprendía o porteiro visitante cun gol de fora da área que se colaba cruzando a trayectoria do Cordeiro.

1/0 do xogador brasileño. Os mellores minutos Praiñistas xa que o Cordeiro trataba de igual indose arriba.

Logo dun rexeite dun primer centro, un balón que caía morto na área deixaba o balón morto para que Jacobo logo dun certeiro disparo , facia o 2/0 co que se chegaba o descanso
Sin dominar , o Priaña tiña ventaxa.

Os primeiros minutos da segunda parte serían claves para aguantar o partido e o resultado
Pero no minuto 3 da reanudación o Cordeiro recortaba distancias logo dunha gran xogada do seu dianteiro que profundizaba en conducción a portería dos de Teo, e tras recortar a Luis marcaba a placer a porta vacía.

Complicado o partido que nos quedaba. O Cordeiro trataba de seguir chegando é o Praiña cos cambios tamén queria aproveitar espacios.

Era un partido aberto, bonito de ver para a afición pero notabase os nervios en ambos banquillos.

Así chegaban expulsións en ambos xogadores suplentes nos banquillos e tarxetas no campo .
Protestas, faltas, o partido estaba roto, todo podía pasar.


O desconto sería largo para os locais e corto para os visitantes.
Pasaban casi 7 minutos cando no pitido final estalou a alegria en Reis , 3 puntos importantísimos, vitais.

Próxima semana visitaremos o Belvis en Stgo , un dos perseguidores na clasificacion

Todas son finais

#AíVénOPraíña

Categorías: Novidades