#aívenopraíña  #sempreJuan

Na tarde soleada de Domingo o Praiña desplazabase ata o concello de Santiago para enfrentarse ao Belvís nun partido de clara importancia da fase de permanencia na primeira Galicia.

Comezaba o partido cunha fase de tanteo entre os dous equipos e ca mala sorte da lesión do noso xogador Adrián Ferreiro, ao que lle mandamos ánimo na sua recuperación.

Un balón ao poste do conxunto santiagues sería a acción mais clara da primeira metade e coa que chegariamos ao descanso.

Na segunda metade e, tras un rexeite por un tiro á cruceta o Belvís faría o único tanto do partido. O praiña adiantou líneas pero nn foi quen de empatar nun mal partido do conxunto de Pontevea.

Toca facer piña e traballar todos xuntos de cara ao obxectivo, ninguén dixo que isto iba a ser doado!!

Para a semana comeza a segunda volta da fase de permanencia onde nos desplazamos ao concello de Vimianzo a batirnos co Soneira nunha final mais pola permanencia.

Praiñista, e o momento de estar unido e loitar hombro con hombro, por iso, o domingo todos a Vimianzo!!!

#AíVénOPraíña

Categorías: Novidades