#aívenopraíña  #sempreJuan

Gran partido que nos enfrontaba contra o líder da categoría

Chegaba o equipo de Teo  á Fieiteira nunha tarde xoieira e con gran ambiente na bancada.
O Cidade de Ribeira viña dunha gran racha de victorias consecutivas e partía como gran favorito oerante o partido de onte.

 Dominaba os primeiros minutos a posesiòn o líder barbanzán  pero sen xerar perigo aparente ante un moi ben prantado Praiña. 
Esa sería a tónica xeral da primeira metáde  sen ocasións moi claras   salvo varios saques de curruncho botados timidamente polas dúas escadras.

O equipo local trataba de chegar por fóra, ben aberto,  e algún balón metido na área que sempre resultaba ser atallado polo meta  Vicente que completou un gran partido.
Por contra, chegada rápida do Praíña que resultaba moi perigosa nos pés de Jacobo que perde o control do esférico no último intre dentro da área.
Así se chegaba o descanso tras a igualada no tanteador e no  no xogo.

A segunda metáde pintaba moi disputada e así sería
O equipo de Teo, cando salía a contra con Jacobo , Joao e Sebas,  xeraba  moito perigo  así como en xogadas a balón parado botadas por Fer Conde, o noso  capitán.
Tralos cambios, o equipo de Teo tratou de seguir profundizando pola banda e así chegar  ás inmedaciòns da meta barbanzá.


O Ribeira tiña o balón a tamen trataba de chegar pero non era quen de xerar ocasiòns claras.

Chegaba os minutos finais. A grada apretaba e o partido estaba algo trabado, moi tolo.
Rozando o desconto Pichi, tras coller  o balón na banda dereita, e despois de dous amagos, vaise de dous rivais e cá perna esquerda manda o balòn o pao longo no que tería sido un auténtico golazo, mágoa.
Esta xogada enmudecía ós animosos seareiros locais por segundos.
Acto seguido, recado barbanzán na área de Vicente enviando o esférico por riba da portería.

90 minutos mais 8 de engadido aguantou o Praiña na visita o líder tras amosar unha gran imaxe é unha gran actitude defensiva e ofensiva ante un dos mellores equipos da categoría, o Cidade de Ribeira.

Gran pelexa no campo e deportividade na grada e un gran ambiente no anexo da Fieiteira
Seguimos sen conocer a derrota no 2022 e tras tres partidos un gol encaixado
Domingo recibimos os nosos veciños de Valga, o Cordeiro CF, domingo ás 17 horas no Juan Amado.

PRAÍÑA BASKET (51-62)

Partido correspondiente a xornada 13, o Praiña so puido presentar 5 xogadores mermado polas diferentes baixas, a pesar das mesmas, xogando boa defensa y movendo o balón en ataque chegamos o descanso 29-26. O principio do tercero cuarto un codazo na cara de Anxo provocalle un abundante sangrado e tivemos que xogar con 4 o que resta de cuarto, Lalín aproveitou para collar una renda de 10 puntos que a pesar de volta do noso Pivot no último cuarto non puidemos recuperar.

Categorías: Novidades