#aívenopraíña  #sempreJuan

Empate agridoce no Juan Amado

Moitas esperanzas tiñamos en sumar de tres na casa, nun partido onde puidemos adiantarnos por varias veces e onde tamén puidemos perder no derradeiro minuto.

Na primeira metade do encontro, que nos enfrontaba ó CCD Taragoña, os rivais respetábanse sen arriesgar moito, tendo poucas ocasións claras de gol.

Unha chegada de ferreiro na metade do primeiro tempo que lle deixaba un balón certeiro a Sebas, cun bo pase atrás, este caía ante a oposición dun defensor sen apreciar o árbitro unha acción suficiente para ser merecedora de castigo.

Por contra, o equipo cangrexeiro  trataba de chegar á área rival pero acumulando efectivos na zona media , non era quen de ter  un dominio claro. Así pois, chegábase ó descanso co cero a cero no marcador.

No comezo da segunda parte, foi o equipo de Reis quen tratou de dominar e trababa de chegar a area rival con xogadas a balón parado e con rápidas transicións polas bandas.

Así pois, falta botada por Gato o borde da área wue remataba cunha chilena de Sebas que non obtiña premio. Unha xogada rápida pola dereita acaba cun disparo de Joao, que moi escorado, marcha polo lateral da meta de Mateo.

Eran os millores  minutos do Praíña pero o tempo pasaba sen perforar a meta rival.

O equipo de Pájaro tamén pediría penalti nunha xogada rápida, moi similar á do Paíña na primeira metade, pero o colexiado tampouco valoraba como tal para dar o asubio de castigo.

Chegaban os últimos minutos e o Praíña foi con todo arriba acumulando ata catro atacantes. Así pois,  nunha falta lateral colgada á área rival, tras un despexe a seguir  do Taragoña, os visitantes montaban unha contra en superioridade que non acertan a resolver favorablemente nunha ocasión moi clara, xa no tempo de lecér, e que lles puido dar os tres puntos ós cangrexeiros.

FINAL, partido igualado e reparto de puntos que souperon a pouco para un PRAÍÑA ó que se lle atraganta o seu Juan Amado, que se pudo ganar e tamén perder.

O domingo toca visitar a un intratable Cidade de Ribeira, actual líder, e favorito, a priori, nas quinielas. Tócanos traballar duro esta semana para dala sorpresa na Fieiteira.

AÍ VÉN O PRAÍÑA!!!!

Categorías: Novidades

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.