#aívenopraíña  #sempreJuan

Chegaba o Praíña ó partido do sábado en Rianxo con moitas ganas de amosar a súa millor cara e de conseguir manter unha boa dinámica de xogo e de resultados para encarar a fase de permanencia.

Comezaba o partido e co paso dos minutos eramos quen de prantarnos ben no campo impedindo ós locais ter claridade no seu xogo e poder achegarse á porta do noso meta Luis.

A nósa proposta de xogar balóns ós espazos dándolle unha rapidez constante ó xogo inquedaba por veces á parroquia unionista. Estábamos a dar moi boas sensacións, estábamos moi ben prantados pero non conseguíamos subir ningún tanto ó electrónico de Vilas.
Así chegabamos ao tempo de lecér.

Nas bancadas había un gran ambiente de fútbol. Notábase que estabamos na casa do líder, facíase palpable que había moitas cousas en xogo, no terreo de xogo e na grada e sabíamos que os primeiros minutos da segunda metáde serían determinantes para o desenlace do encontro.

Así pois, o Praíña trataba de ter máis presenza na área unionista e chegaba o gol local, tanto convertido por Daniel Silva no minuto 62. Desatábase a euforia na tribuna de Vilas, a ledicia era total e os puntos parecían quedar no Barbanza, …, pero os homes de PIKA non tiñan dada a última palabra.

Así pois, os praiñistas irían arriba en busca do gol que fixera xustiza no marcador tralo visto no verde de Vilas.

Este gol chegou nunha gran xogada colectiva pola banda esquerda, onde o esférico chegaba a JACOBO que con un gran chutazo colocaba o balón na escadra. GOLAZO no minuto 85 e emoción para os minutos finais.

Co empate a un goles remataba o partido.

Esta semana recibiremos a outro equipo que loita para a fase de ascenso como é todopoderoso CD LALÍN. Domingo ás 17 horas agardámosvos a todos no Juan Amado.

Categorías: Novidades