#aívenopraíña  #sempreJuan

5º Xornada da Liga Feminina

Tarde fría en Cacheiras que enfrontaba ó Praíña contra a U. C. Cee.


Dominio inicial a través da posesión do balón do conxunto visitante que tras elaborar unha boa xogada, remata con un tiro imparable á escadra, poñendo o balón ó fondo da rede local.

Uns minutos despois, facían o 0-2 de falta directa, situada en tres cuartos de campo.
Xa na segunda parte, as locais tiveron máis balón e crearon máis ocasións, pero non conseguiron rematalas con acerto.

Co equipo branco volcado en campo rival, un contraataque desde portería propia, atopaba as costas da defensa praiñista e batía á porteira facendo o definitivo 0-3.

 

 

Categorías: Novidades