#aívenopraíña  #sempreJuan

4º Xornada da Liga Feminina

Comezou o partido sen dominio claro pero con máis ocasións por parte do equipo local, que non estaría acertado para convertir algunha en gol.

No minuto 20, un balón rexeitado na frontal da área é chutado de xeito excepcional por una xogadora do equipo visitante, rematando no fondo das mallas e poñendo o 0-1 no marcador.


Tras unha mala xeira de accións, as de branco reciben dous goles máis antes do descanso, 0-3.
Xa na segunda parte, o equipo de Rianxo continúa anotando ata poñer o 0-7 no electrónico, que sería decorado con dous goles de Ana tras dúas boas xogadas do conxunto praíñista.


Tarde soleada e para o olvido no campo de Calo, que non reflexa a capacidade real do equipo.

 

 

 

 

 

Categorías: Novidades