Táboas no partido do domingo que nos enfrontaba os veciños de Valga , equipo que se atopa na parte media alta da clasificación.
O partido tivo dúas partes ben diferentes
Na primeira parte, dominio do equipo de Valga chegando á portería do nóso meta Luis con rápidas xogadas por fóra.
Nunha destas ocasión chegaria o 0/1 de penalti, SAMUEL (37’) logo dunha xogada por banda esquerda, por medio de JONI, este métese na área e, logo de regatear ó noso meta Luis, é derrobado causando a pena fatídica.
Chegaba o tempo de lecér cun marcador xusto polo visto no campo.
Tras pasar polas casetas cambiarían as tornas. O Praiña arriesgaba e apretaba mais, imprimia máis intensidade e os segundos balòns e as disputas xa viñan a caer ós dominios locais.
Eran os millores minutos do Praiña ,pero o Cordeiro tuvo unha ocasión clara logo dunha gran chilena que Luis acertaba a rexeitar.
Chegaría unha xogada para a movióla, minuto 75, onde Charles parecía ser agarrado de xeito claro dentro da área pero que o colexiado non estimou suficiente para castigo. Xogada moi protestado polo público que se deu cita na tarde de onte en Reis.
Seguía a remar o equipo praiñista e sacaba varios córners logo de chegadas pero o gol seguía a resistirse ata que JACOBO GENDRA (89 ‘) era quen de perforar a meta rival logo dun bo tiro lonxano.
O equipo de Pika apretou ata o derradeiro segundo de partido pero sen conseguir acadar a victoria. Bo resultado, en resumidas contas, logo de acadar un punto tras convertir un gol nos minutos finais.
Para a semana o equipo descansará e non terá partido oficial liga. Próxima cita no Camballón de Cruces o vindeiro 13 de febreiro.