Primeiro partido do ano 2022 que nos levaba ó Campo do Novo Doce, o nóso rival a SD Esclavitud
Sabíamos que nos iamos atopar a un rival complicado e moi combativo como xa sucedera no partido de ida; quería levar o peso do partido o Praíña e trataba de chegar con balons en profundidade buscando ós xogadores de ataque e tratando de aproveitar a velocidade.
Así pois, e nunha xogada rápida, o noso xogador Ferreiro prántase diante do meta local Miguel nun man a man que este resolve nunha gran parada cando os de Teo xa cantaban o gol.
Primeira parte bastante igualada que desequilibraba Levis tras un saque de curruncho no minuto 37, cun certeiro disparo dentro da área local.
Chegaba o tempo de lecer e o Praíña era coñecedor da importancia dos primeiros minutos da segunda quenda. Debíamos saír intensos, concentrados e sen conceder facilidades no xogo do rival que ia saír, como é lóxico, na busca da igualada.
Así pois, e co empuxe dos xiareiros locais que se deron cita no Novo Doce, o Esclavi comezou a chegar pola banda esquerda con certo perigo por medio de Antón sen ter ocasións moi claras para acadar o empate.
Cando mais apretaba o Escalvitud chegaria o segundo tanto dos nósos. Balón aberto á banda dereita que controla Jacobo e pon un gran centro que Ferreiro e quen de enviar ó fondo das mallas dende a área cativa, minuto 49, 0-2 no marcador.
A partir de aquí, bos minutos para o Praiña que era quen de manterse equilibrado no terreo de xogo e manténdose firme ante os ataques do equipo rival que viñan, case de cotio, pola súa banda esquerda, banda pola que chegaría o gol de Fariñas, minuto 60, tras unha boa xogada de Antón que se mete na área e da un balon de gol, 1-2.
Coa afección local apoupando os seus e cunha Esclavitud que comezaba a creer na remontada, Carabán poñía o 1-3 seis minutos despois, no 66’, cun bo testarazo que introducia o coiro na meta local.
Cando rodo parecía controlado, e cun gol a tres no electrónico, o Praíña quedaba cun home menos tras recibir Denis o segundo cartón amarelo tras unha falta cometida ó borde da área tras outra rápida xogada dos locais por esa banda.
Tocou reconstruírse, armarse ben e xuntarse para pelexar ata o asubio final do colexiado.
Final do partido e victoria para os de Teo logo dun mes de decembro negro e sen coñecer a victoria dende o pasado novembro, xornada 7, cando visitaba o Juan Amado a SD Cruces.
Boa e necesaria victoria. Toca seguir traballando duro. Domingo visita Reis o CCD Tarahoña.
AI VÉN O PRAÍÑA !!!