#aívenopraíña  #sempreJuan

Bo partido do PSC A Senra Café a pesar da derrota

Bo partido do prebenxamín ante o líder da categoría a pesar da derrota. Partido moi disputado, no que dispuxemos de varias ocasións aínda que sen sorte para transformar o gol. Para a semana última xornada ante o Lalin B

Empate do PSC Vidrieras Compostela ante a Escola Estrada

Empate a cero no Juan Amado entre Praíña e Escola da Estrada. Partido marcado polas altas temperaturas e donde se xogou con pouco ritmo. Poucas ocasións para ambos que chegaban a última xornada xa sen opción de ir a fase. Encontro que servía para despedir unha boa tempada do equipo Xuvenil ao que a sorte non lle acompañou nos momentos clave da competición. Facer tamén mención a ese grupo de rapaces que comenzaron moi noviños na base do clube e que foron escalando categoría a categoría como foron Jordi, Anxo Blanco, Pedrito e Alvarito. Tamén outra mención especial a Iago, Brath, Montes, Samu Martins e Rubén que chegaron dende outros clubes e que se adaptaron perfectamente ao clube. Todos eles despedíanse hoxe do fútbol formativo e pasarán a Senior.

Empate do PSC Pernas Multicentro con sabor a victoria ante o S.D. Cacheiras

O Praíña conseguiu un merecido empate ante os segundos do grupo, a S.D. Cacheiras.
Os rapaces entraron ao partido con ganas de xogar ao fútbol, movendo a pelota constantemente e intentando romper ao rival.
Nos primeiros minutos, o equipo local tivo que repoñerse a unha lesión dun dos centrais, minutos que aproveitaron os rapaces do Cacheiras para colocar o primeiro e mailo segundo gol. Pero nun arranque do orgullo, o Praíña conseguiu o gol psicolóxico para meterse no partido.
Aos poucos minutos de comenzar a segunda metade, de novo unha lesión dun dos praiñenses deixou frío o equipo, aínda que reaccionaron ben a impuseron o balón ao pé ao balón arriba dos visitantes, conseguindo o segundo tras unha boa combinación.
Nos últimos instantes, tanto o Praiña como o Cacheiras tiveron oportunidade de saír do partido con vitoria. Ao final, unha rapada de fútbol no Juan Amado como dedicatoria aos rapaces lesionados.
Moitos folgos e desexar unha pronta recuperación a Hugo e David!

Categorías: Novidades