#aívenopraíña  #sempreJuan

Derrota ante o Xallas C.F. nunha excelente segunda metade do PSC

Encontro amigable entre o conxunto local de Santa Comba, o Xallas C.F. e o equipo ribeirán: O Praíña Sporting Club. 

Nunha primeira metade moi mala do PSC, con desaxustes defensivos e erros na saída de balón, o conxunto local conseguiu unha ampla renda de 5 goles durante 45 minutos. Tralo descanso, a charla de vestiario e recuperar sensacións, o equipo do PSC botouse a responsabilidade ás costas e conseguiu anotar tres tantos para equilibrar o marcador. 

Un encontro que serve para poñer a punto ao conxunto e no que houbo adestramento previo na praia de Caldebarcos.

Categorías: Novidades