#aívenopraíña  #sempreJuan

Resultado moi duro para o refrexado no Municipal do Camballón

Merecida victoria da SD Cruces nun encontro que se lle puxo de cara moi pronto.  Corría o minuto 7, nunha acción defensiva con todo a favor, Charlas sufría un esvarón que deixaba en clara vantaxe a un rival que recollía na área o esférico e servía un pase para Pablo Romero, 1-0.
Éramos quen de repoñernos a esta situación con dúas claras chegadas. Na prmeira, JAVI remataba ó longueiros tras saque de curruncho. Na segunda, FER CONDE era derribado dentro da área e JAVI convertía o empate, 1-1 (13`).
Cinco minutos despois chegaría o 2 a 1 para os locais. Marcos Mazas convertía tras unha xogada embarullada na área praiñista. Logo de varios rechaces dentro da área, o balón queda morto no punto de penalti e o xogador dezano bate ó meta Luis cun tiro cruzado.
Tentaba repoñerse o Praíña deste novo mazazo, tocaba remontar e tocaba traballar moi duro para acadar o obxeitivo. Nesas andaban os de Teo cando Manuel García convertía un bonito gol para delicia dos afeccionados locais que se daban cita na tarde dominical no Camballón. Perda de balón na medular e contra dos de Cruces que remataba novamente nas mallas de Luis. Gol e chagada do tempo de lecér, 3-1 (45`).
Rumbo aos vestiarios logo de recibir o terceiro gol. Duro mazazo e cambio de plans para un partido que semellaba moi complicado de remontar tal e como se estaban a dar as cousas.
A pizarra de Pika tiña traballo, defensa de tres, un home máis que se sumaba ó ataque para intentar inquedar máis ó meta dezano Iker e recurtar distancias, ese era a priori o obxetivo.
Os  plans non saíron como se pensaban e o Praíña non foi quén de engancharse ó encontro, non logrou meterse no ritmo de xogo e no minuto 65`Raúl Maneiro subía o cuarto gol local ó marcador, 4-1. Neste mon¡ento, o partido estaba xa totalmente controlado polos locais e os tres puntos parecían quedar en Vila de Cruces como así sería á postre.
Nos derradeiros dez minutos o Praíña voltaba sufrir dous mazazos máis. O primeiro deles coa expulsión de FERREIRO no 82`tras protesta. O segundo cun novo gol encaixado pasado o minuto 90´, Alejandro Varela. 5-1 definitivo, un quinto gol que resultaba ser un castigo excesivo para os de Teo…, a primeira parte o Praíña estivo ben prantado e tivo ocasións e xogo. A fortuna non estivo do nóso lado.
A segunda parte non fomos quén de entrar no xogo perdendo moitos balóns, perdendo moitas desputas e non acadando unha versión que nos axudara a meternos no encontro.
En definitiva, partido para esquecer e a pensar no próxima semana onde nos visita un rival directo como é a UD Val do Ulla, Domingo 20 de febreiro ás 17.00 h no Juan Amado.
AQUÍ SÍ QUE NOS XOGAMOS MOITO!!

Feminino suspendido polo temporal

Despois dunha primeira parte de dominio por parte do Praíña, pero sen goles por parte de ningún dos dous equipos, chegamos ó descanso con moito aire e chuvia co campo case impracticable.
Coa reanudación do partido, ós poucos minutos, un saque de esquina que parecía inofensivo por parte do Unión, acaba dentro das redes impulsado polo aire sen que ninguén o toque.
Tras o pitido do gol, a árbitra decide suspender o partido porque non se pode xogar, o balón non roda porque o campo está encharcado e o aire ten tanta forza que non permite avanzar ó equipo visitante, que o ten en contra.
Categorías: Novidades