5º Xornada liguera no Municipal de Baño
Tarde soleada a de onte no municipal de Baño para recibir o Praiña. Comezaba o partido co tanteo inicial, cando xa no min tres unha falta colgada desde casi o medio campo que non parecía entrever moito perigro, era colgada a área e o dianteiro local era quen de adiantarse o porteiro do Praiña e conseguia bater a meta do equipo de Teo Tras un certero cabezazo.
Comenzaban os contratempos cedo min partido que xa parecía mais complicado de por si
Ainda así o Praiña trataba de chegar a área rival estando ben posicionado.
Cerca dos primeiros quince minutos conseguía rematar a rede un remate de cabeza Caraban tras a chegada de Jacobo.
O térreo de xogo non permitía moitas combinacions e ambos equipos traban de profundizar rapido
A piques de chegar o descanso Diego veía a segunda amarilla moi protestada polo cuadro de Reis.
Tras o descanso seguía a dinámica de ambos equipos pero pese a estar en inferioridade conseguia o Praiña non pasar apuros.
A falta de 10 min o cuadro local quedaría tamen en inferioridade e era ahí curiosamente cando o cansancio facia mella no cuadro visitante e facia que o Cordeiro chegase a tirar dous tiros cerca da meta defendida por Luis pero sin chegar a ir entre a portería.
Chega así a 5 cornada de liga e sigue sen perder o Praiña.
Esta semana descansará o equipo e tratará de recuperar os xogadores lesionados
Victoria na 3º xornada da Liga Feminina frente a Amio SD
Partido da terceira xornada da segunda división feminina que enfrontaba ó Amio S.D e ó Praíña, e disputado no campo de A Merced en conxo, o encontro rematou 1-7, con victoria do equipo praiñista.
O Amio púxose por diante no minuto 5 tras unha boa xogada por banda culminada cun remate ó pau contrario da porteira visitante.
No minuto 38, un saque de esquina botado por Fátima sería enviado por Natalia ó fondo das mallas cun cabezazo inapelable.
Xa na segunda parte e con dominio de balón por parte do Praíña, a conservación de balón no medio campo e as combinacións coas xogadoras máis avanzadas permitiron que María metera dous goles case seguidos.
Noutro saque de esquina, Andrea finalizaría a xogada dentro da área marcando un gol de volea.
Uns minutos despois, María fai o terceiro na súa conta persoal tras un bo man a man coa porteira local que sería replicado por Fátima para poñer o 1-6 no marcador.
Case no último minuto de xogo, Carla tras xogada persoal, faría o definitivo 1-7.
Tras unha primeira parte para o olvido, a segunda mostrou os mellores minutos das visitantes no que vai de liga. Seguir traballando e xa pensando no partido da seguinte xornada contra o Unión.