#aívenopraíña  #sempreJuan

🗓️ ​ Xa están en marcha as inscricións para as ESCOLAS DE FUTBOL FUNDACION CELTA 2022-2023.

Xa están abertas as inscricións das ESCOLAS DE FÚTBOL FUNDACIÓN CELTA para o novo curso 2022-2023. Iniciamos as diferentes ESCOLAS a partir do 12 de setembro e as inscricións estarán abertas durante todo o ano mentres haxa prazas dispoñibles.

¿Para quen?

Esta actividade vai dirixida a nenos/as entre 4 e 16 anos que poden ter diferentes necesidades a satisfacer:

  • Nenos/as que buscan levar a cabo unha actividade física ao aire libre e en contacto con outros nenos/as.
  • Nenos/as que queiran vivir a súa primeira experiencia practicando futbol, xa sexa porque practican habitualmente outros deportes ou porque non practican ningún.
  • Nenos/as que queiran competir a fútbol cada fin de semana, ademais de realizar os adestramentos semanais.
  • Nenos/as que xogan ao fútbol e buscan reforzar as súas habilidades futbolísticas (técnicas, tácticas e condicionais)
  • Nenos/as cunhas condicións futbolísticas óptimas que queren ser observados por técnicos das categorías inferiores do RC Celta.

Os nosos diferentes tipos de escolas están deseñados e pensados para dar cabida a nenos/as coas diferentes expectativas citadas e que todos eles póidanas cumprir: só tes que elixir a que se adapte mellor ás túas necesidades.

A través da seguinte noticia poderás consultar toda a información e tramitar novas inscricións​👇
O Campus será no Campo Juan Amado (Reis) 🔴🔵⚪ ​ ​
Animadevos 👏👏👏!!​
#SempreJuan #AíVénOPraíña #CeltaVigo
Categorías: Novidades

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.