A FUNDACIÓN CELTA, en colaboración co PRAIÑA SPORTING CLUB, quere poñer en marcha unha ESCOLA DE TECNIFICACIÓN que se desenvolverá desde o mes de outubro de 2023 ata maio de 2024, un día por semana. A posibilidade de levar a cabo esta actividade dependerá principalmente de que haxa un número mínimo de nenos e nenas inscritos para poder realizala en cada un dos turnos planificados. Por iso, animámosvos a que todos os interesados realicedes a preinscrición no seguinte formulario (sen ningún tipo de custo):
Aquí tedes información básica sobre esta oportunidade:
- Inicio: Xoves 5 de outubro (rematando o 30 de maio de 2024).
- Xoves en 2 turnos:
- De 17:30h a 18:45h: dirixido a nenos/as nacidos entre 2017-2014.
- De 18:45h a 20:00h: dirixido a nenos/as nacidos entre 2013-2010.
- Todos os xogadores federados durante a tempada 23-24 no PRAIÑA SPORTING CLUB terán desconto.
- Co pagamento da matrícula, entregarase equipamento de adestramento que inclúe chubasqueiro, sudadera, camiseta, pantalón e calcetíns.
Os adestramentos da ESCOLA DE TECNIFICACIÓN serán levados a cabo por BLAS CHARLÍN, técnico coa categoría UEFA PRO de fútbol e formado segundo a metodoloxía das categorías inferiores do RC CELTA, con ampla experiencia como adestrador tanto no RC CELTA como noutros clubs nacionais e internacionais.
O XOVES 28 DE SETEMBRO realizarase unha xornada de portas abertas para mostrar o funcionamento das ESCOLAS DE TECNIFICACIÓN RC CELTA:
- De 17:30h a 18:45h: dirixido a nenos/as nacidos entre 2017-2014.
- De 18:45h a 20:00h: dirixido a nenos/as nacidos entre 2013-2010.
Podedes consultar información máis detallada sobre o funcionamento da ESCOLA DE TECNIFICACIÓN e as súas condicións no seguinte enlace:
Non perdades esta oportunidade! ⚽😉
