#aívenopraíña  #sempreJuan

🔴🔵⚪ RESULTADO DO MEMORIAL 

Voltaba o fútbol de novo ó JUAN AMADO para a celebración do IX MEMORIAL J LUIS PERNAS que valía para a presentación do primeiro equipo ante a súa afección. Como invitado de honra o Atlético Cuntis, un club histórico e cun gran equipo ó que lle agradecemos a súa participación nesta edición⚽.

O Praíña quería dar boa imaxe ante a súa afección e saiu moi metido no encontro, moi agresivo nas disputas de balón, defendendo ben en todas as liñas do terreo de xogo e cos once xogadores moi comprometidos, sendo moi verticais tras roubo de balón e saíndo á contra nas transicións defensa – ataque creando ocasións de perigo obtendo, na primeira metáde, o premio do gol por medio de Pichy, 1-0, resultado co que se chegaría ó tempo de lecér.

Na segunda metáde fomos que de converter moi pronto o segundo tanto, Pichy de novo (2 – 0), e cedémoslle ó Cuntis a responsabilidade de ir a polo partido; sufrimos máis co balón nos pés que na primeira parte pero mantivemonos ben prantados….

Nunha xogada por banda dereita no ataque do Cuntis, ARTURO colle un balón no vértice da área e colócase para materializar o gol máis bonito da tarde cun zurdazo que se coa por toda a escadra da meta de Luis, 2-1.

A partir de aquí o Praíña foi quen de contemporizar o paretido e gozou de dúas ocasións de gol bastante claras para poder subir un novo tanto ó marcador. De aí ó final o resultado non se movería e o trofeo doado polo escultor e amigo Cándido Pazis quedaría nesta edición nas vitrinas do Juan Amado.

Salientar que a entrega do IX Memorial tivo un tono moi especial xa que o noso socio de maior idade, “MATIÑA”, acompañado de Daniel e Meca, irmáns do homenaxeado, facían entraga ós capitáns do Praíña do Trofeo de CAMPIÓN❗❗❗.

E como gran nova positiva, aplaudimos a presenza do nóso xogador DIEGO MONTES que acudía ó Juan Amado a ver o partido do seu equipo e desfrutar da festa do fútbol cos seus compañeiros e amigos, sen dúbida o millor GOL de onte 👋👋👋

ESTAMOS CONTIGO DIEGO, SEGUIMOS 💪🏽💪🏽💪🏽!!!

#AíVébOPraíña
#SempreJuan
#DM2

 

Categorías: Novidades