#aívenopraíña  #sempreJuan

Cartel Campus Verán Praíña Sporting Club de Teo Fundación Celta

Tralo éxito da Escola de Tecnificación do RC Celta, chega o Campus de Verán!

Este campus de Verán contará cos adestradores do RC Celta

  • Do 26 ao 30 de xullo de 2021 (de luns a venres)
  • Divididos por grupos de idade en horario de 09.45h a 14.00h
  • Orientado a nenos-as entre 4 ata 16 anos.
  • A inscrición inclúe equipamento Adidas.
  • A súa participación centrarase na tecnificación, xogos recreativos, competición.
  • A actividade realizarase no Municipal Juan Amado (Reis, Pontevea, Teo). [En caso de que as inclemencias meteorolóxicas non o permitan, valorarase outra ubicación].
Ademais do Convenio asinado co RC Celta dunha duración de 10 meses co Celta Academy, levado a cabo no Campo Municipal de Calo, ampliamoso acordo cun novo Campus de Verán.

Inscricións xa abertas na páxina web do RC Celta

Esta acción establécese no Marco do Convenio asinado co RC Celta e vén motivada pola excelente acollida que tivo a Escola de Tecnificación durante esta temporada. 

As inscricións xa están abertas seguindo este link

Categorías: Novidades