#aívenopraíña  #sempreJuan

O Praíña retoma os adestramentos

Publicado por PraíñaSPC en

🔴🔵⚪️ O Praíña voltou aos adestramentos a semana pasada do 23 de Novembro cunha gran aceptación. Tanto os equipos sénior como a base retomaron o traballo despois do peche perimetral imposto na área sanitaria de Santiago, por mor da segunda onda da pandemia.

Alberto Fernández «Pika», coordinador deportivo e adestrador do equipo sénior, resumía da seguinte forma como se están a coordinar as actividades: «seguimos todos os protocolos sanitarios marcados polas insitucións garantindo así o benestar e a seguridade dos deportistas. Os adestramentos consisten en traballo analítico, sen contacto, e con máscaras, unha forma diferente de vivir o deporte pero que complementan as actividades diarias necesarias non só para os cativ@s, senón para @s integrantes dos equipos sénior«.

Dende o club animan a tod@s aqueles cativ@s que queiran facer deporte nun entorno seguro a sumarse ó proxecto, e recordan que para darse de alta deben facelo a través da web do club, ou no seguinte enlace.

Categorías: Noticias

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *