#aívenopraíña  #sempreJuan

Pernas con Letras Praíña Sporting Club Letras Galegas

Pernas con Letras: Deporte e Letras Galegas na Praíña

O Praíña Sporting Club de Teo xunto a produtora Abella Creativa e co patrocinio de Pernas Multicentro, organiza esta primeira edición de Pernas con Letras, unha actividade lúdico-recreativa no primeiro terreo de xogo que tivo o clube: a Área Fluvial A Praíña (A Estrada). 

Datos do evento Pernas con Letras

O evento comezará ás 11.00h na Área Fluvial do Luns 17 de maio, Día das Letras Galegas e o o obxectivo é combinar deporte e literatura para os máis cativos dun xeito ameno e didáctico.
Conformaránse dous grupos dun máximo de 20 rapaces-as (poden estar acompañados por un pai-nai-titor) de entre 6 a 12 anos de idade.

A actividade consistirá na búsqueda do tesouro (o secreto de Xela Arias), na que os participantes deberán atopalo seguindo unha serie de pistas marcadas nun mapa.
A inscrición estará aberta ata o sábado 15 ás 23.59 horas.

Formulario de inscrición

Categorías: Novidades