#aívenopraíña  #sempreJuan

Senior – Praíña SPC vs SD Esclavitud (2-2)

Recibía o Praiña o Esclavitud na volta a competición liguera en Reis tras o estado de alarma con moitas ganas de sumar os tres puntos.

O partido comezaba moi ben xa que Sebas era quen de rematar o fondo das redes un gran centro de Jacobo desde a dereita, corría o min 2′.

Empataba o pouco o Esclavitud tras un saque de esquina rematando totalmente solo o segundo pao.

Corria a media hora cando nun partido igualado tras varios rexeites Javi conseguia tirar a meta e tras o intento de despeje dun xogador do Esclavitud desviaba o balón intriducindose na portería visitante

Así se chegaba o descanso. A segunda parte seguía na mesma dinámica sin un dominador claro pero desfrutando varios equipos de chegadas estando ambos porteiros acertados.

A falta de 20 min o Esclavitud poñía o empate a 2 final e pese o intento de ambos equipos non se movería o marcador ata o final. Afrontar esta semana os entrenos e a posterior visita a Rianxo contra o Taragoña

 

 

 

 

NOSA BASE

Categoría xuvenil – Bastavales vs Praíña SPC (1-1) 

Empate a 1-1 do xuvenil en Bastavales. Unha mala primeira metade fixo que foramos perdendo 1-0 ao descanso. Tras realizar varios axustes tácticos o equipo mellorou na segunda metade, xerou varias ocasions de gol, pero sólo se puido marcar de penalti.

Bo traballo do equipo Xuvenil que pouco a pouco segue mellorando.

Benxamín –Bastavales vs Praíña SPC (2-8)

Victotia 2-8 do Benxamín contra o Bastavales.
O partido empezou un pouco revolto, tendo o Bastavales una ocasion de gol.Desde ahí ata o final tivemos o control do partido metendo o primer gol desde fora da área.A partir do primer gol foi todo mais tranquilo metendo o resto de goles. Os dous goles de eles foron fallos defensivos tras dous córners.
Pouco a pouco iremos correxindo erros e mellorando.

Categoría cadete – Bastavales vs Praíña SPC  (3-1)

Bo partido do equipo cadete que deu a cara ante un equipo de superior categoría. Comezaria adiantándose o conxunto local á saída dun córner. Co paso dos minutos comezamos a ter ocasións, ata que David Montes empatou o encontro con bo disparo dende fóra da área. Ao pouco de comenzar a segunda parte, o Bastavales volveríase adiantar no marcador. Nese momento, dimos un paso adiante buscando o empate, que poidemos lograr en varias ocasions. Acabando o partido, unha decisión polémica do colexiado deu o terceiro gol al Bastavales, nun disparo que non chegou a traspasar a liña de gol. Toca seguir traballando e preparándose para o comenzo da liga o 31.

Categoría alevín –  Bastavales vs Praíña SPC (3-1)

Partido moi serio do equipo alevin en Bastavales a pesar das baixas. Adiantouse por duas veces o equipo local con dous golazos dende fora da área. Antes do descanso Hugo faría o 2-1. Na segunda parte houbo moitas ocasión para ambos conxuntos sen atopar o gol, ata que o Bastavales meteu o definitivo 3-1 cun golazo dun disparo lexano.

 

 

 

Fotografía Senior: Olaia Vázquez

Categorías: Novidades