#aívenopraíña  #sempreJuan

🔴🔵⚪ PSC PRETEMPORADA
📣 Este SÁBADO 25 de setembro, PRESENTACIÓN OFICIAL do PRIMEIRO EQUIPO❗❗❗
⚽ PSC vs. SD Negreira
🗓️ Ás 18.30 h.
📌 Municipal Juan Amado

Dous anos despois voltamos a recuperar un dos nosos trofeos, o 🏆Memorial José Luis Pernas que celebra a súa VIIIª Edición e que vale unha vez máis para a PRESENTACIÓN OFICIAL do plantel do 1º EQUIPO do club que defenderá este escudo e estas cores na temporada 21/22.

O gañador do VIIIº Memorial levará para as súas vitrinas unha fantástica escultura en forma de 🏆, “O FARO DE ALEJANDRÍA” do escultor e amigo Cándido de Pazos.

A entrada será de balde, tendo que REXISTRARSE os asistentes a través do código QR do evento ou no seguinte enlace facendo clic aquí.

MENCIÓN ESPECIAL

ó escultor e amigo Cándido Pazos que nunha edición máis doa unha magnífica obra do súa colección ó que foi compañeiro e gran amigo seu, D José Luis Pernas, e que desta volta é o “FARO DE ALEJANDRÍA”, escultura de Azaira, Bronce e Gema de Serpentina que representa “o Crisol das Culturas e os Deportes do Mundo”

NON PODES FALTAR, AGARDÁMOSTE💪🏽💪🏽💪🏽

#SempreJuan #AíVénOPraíña

 

 

Categorías: Novidades

1 comentario

Crónica PSC: VIII Memorial José Luis Pernas - Praíña SPC vs Negreira SD - Praíña SPC | Páxina Oficial do Praíña SPC · septiembre 27, 2021 a las 10:35 am

[…] Gran ambiente no Juan Amado para o que foi o partido presentación do Praiña SPC no que agardaba un gran trofeo que decidía o 🏆 VIII Memorial José Luis Pernas. […]

Los comentarios están cerrados.