#aívenopraíña  #sempreJuan

Comeza a pretemporada do Praíña Sporting Club

Publicado por PraíñaSPC en

Noia-PSC

O Praíña Sporting Club visita o Noia C.F. no primeiro amigable da temporada

No primeiro partido da pretemporada, o conxunto praiñista visitou o Campo Julio Mato «Matito» de Noia, para medirse ao conxunto local que milita actualmente na Terceira Federación RFEF.
O partido resultou intenso nos primeiros minutos, medíndose ambas escadras pero a veteranía e a superioridade na categoría dos locais fixeron que o Noia C.F. rematase cun marcador favorable de 5 goles a 0. Primeiro encontro que serve ao Praíña para sumar minutos e ir collendo confianza e carreira de cara a competición.

Agradecer enormemente ao Noia C.F. o excelente e agarimoso trato recibido e desexarlle a mellor das sortes.

Categorías: Noticias

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *