Dúas victorias e dúas derrotas esta fin de semana
Foron un total de catro partidos os que se disputaron esta fin de semana na escadra praiñista. O saldo de puntos é favorable: dúas victorias e dúas derrotas excesivamente abultadas. O partido da categoría cadete foi suspendido e estamos agardando a comunicación da Federación Galega de Fútbol, necesaria sobre todo trala situación vivida hoxe onde nos desplazamos ata alí sen recibir comunicación de ningún tipo.
Victoria traballadora e labrada en 90 minutos dos Xuvenís
EE.DD. Vedra 1 – 3 Praíña SC Vidrieras Compostela
Partido disputado no Campo de O Coto con resultado 1-3 para o Praiña ante a Escola de Vedra.
Mal comezo do equipo Xuvenil donde os primeiros minutos a Escola de Vedra foi superior tras un bo plantexamento dificultandolle a saida de balón.
Tras uns floxos primeiros 25 minutos o Praiña comezou a enlazar xogadas e a chegar a área rival. Tras varias ocasións o gol non terminaba de chegar.
No minuto 28′ tras un bo pase en largo de Jordi, Sergio Vilariño marcaba o 0-1 de vaselina.
Seguía o dominio do Praiña pero nunha xogada tras sucesivos erros chegaba o gol do empate do Vedra antes do descanso.
Comezaba a segunda parte sin un claro dominador nos primeiros intres.
Logo de xerar un par de ocasions o Xuvenil empezou a coller confianza e viñeron os mellores minutos de xogo do equipo.
No minuto 50′ Sergio Vilariño facía o 1-2 tras unha boa xogada individual dentro da área.
No 85 ‘ Raúl marcaba o 1-3 definitivo aproveitando un mal despexe do porteiro e marcando dende o medio do campo a portería vacía.
Final 1-3 boa victoria ante un rival complicado que nos vale para seguir cunha boa dinámica positiva.
Para a semana derbi ante o Cacheiras no Municipal Juan Amado de Reis
Partido con moito dominio local, claramente superior
S.D. Umia 7 – 0 Praíña SC Estación Servizo Pontevea
Partido ante un dos grandes candidatos ao ascenso que foi claro dominador do encontro. A pesar duns primeiros minutos nos que as nosas deron guerra ás locais, que finalmente acabaron tomando a medida as nosas guerreiras.
Saco de goles no partido dos prebenxamíns
E.E. F. F. 2-8 Praíña Sporting Club A Senra Café
Bo partido do prebenxamín que suma os tres puntos en Callobre diante da Escola da Estrada. Partido que serviu para mellorar no trato co balón e na co
Derrota dos alevíns 0-5 ante o Cacheiras na Cañoteira.
Praíña SPC Residencia Puentevea 0 – 5 S.D. Cacheiras
Mellores sensacións do equipo alevín con respecto a xornada pasada pese ao resultado. Partido que serve para que os rapaces que veñen de benxamíns aprendan a posicionarse no terreo e familiarizarse coa categoría alevín